Huelga de las trabajadoras de CEPSA

Os traballadores da empresa CESPA, concesionaria da recollida do lixo e da limpeza viaria de Pontevedra, despois da ruptura das negociacións para o novo convenio e tras unha asamblea celebrada o pasado 3 de Decembro, convocaron unha folga indefinida a partir do 25 de Decembro debido á pretensión da empresa de que estes renuncien a reclamar a antiguidade nos contratos eventuais.

Tras varias semanas de mobilizacións os traballadores decidiron seguir co calendario de mobilizacións previsto para denunciar esta situación e pedir un convenio colectivo digno que solucione a problemática citada e no que reciban un salario digno e non sexan sometidos á precariedade laboral como ven acontecendo ata agora.

Esta situación é un exemplo máis de como afecta á clase obreira a última reforma laboral e como certas empresas, en base a supostos intereses, precarizan a situación laboral dos seus empregados e os presionan para que acepten situación que atentan directamente contra os seus dereitos máis básicos, acadados tras décadas de loita sindical e obreira.

Dende a Xuventude Comunista apoiamos esta folga e reclamamos un convenio colectivo digno no que se respeten os dereitos dos traballadores e non aceptamos de ningunha maneira un convenio no que estes non poidan reclamar a antiguidade derivada dos seus contratos eventuais nin que os someta a contrarios precarios.

Que viva a loita da clase obreira!

img_0045