Unha vez máis vémonos na obriga de publicar unha nova, onde temos que lamentar o falecemento dun obreiro en accidente laboral, neste caso un traballador ” Gerardo Huergo” da empresa auxiliar Nervión, empresa que realiza traballos de reparación de buques para Navantia.

Comunicado da Xuventude Comunista Galega

Unha vez máis vémonos na obriga de publicar unha nova, onde temos que lamentar o falecemento dun obreiro en accidente laboral, neste caso un traballador ” Gerardo Huergo” da empresa auxiliar Nervión, empresa que realiza traballos de reparación de buques para Navantia.

As primeiras investigacións apuntan a que baixaba unha escaleira cando se precipitou o vacio, unha vez máis vémonos na obriga de cuestionar, si se están a poñer por parte da patronal, todos os medios necesarios para evitar os accidentes laborais e si nos centros productivos se están a cumprir cos protocolos en materia de seguridade laboral ou si por mor da crise e para seguir a garantir os beneficios da patronal, se están a incumplir sistematicamente os protocolos de actuación e se forza as obreiras/os o seu incumplimento para aumentar a producción.

Dende a Xuventude Comunista sumámonos e apoiamos as reivindicacións do conxunto da plantilla de Navantia e Nervión, que unha vez coñecido o fatal suceso, decidiron paralizar a actividade e celebrar asembleas para esixir a dirección da empresa e as autoridades laborais competentes o esclarecemento dos feitos e que se tomen as medidas oportunas para que tales feitos non volvan a acontecer.

Trasladar tamén o noso máis sentido pesame, os familiares e amigos de Gerardo Huergo, un obreiro de 50 anos, natural de Gijón, que por mor da crise económica e polo desmantelamento de Naval Gijón fai unha década se viu obrigado a marchar da sua terra para labrarse un futuro en terras galegas, futuro que se viu truncado por mor dun fatal suceso.

navantia XC