[Galiza] A unidade estudantil: máis alá da consigna

A convocatoria da Folga Estudantil do 26 de febreiro marcou, sen dúbida, un punto de inflexión nas dinámicas do movemento do noso país. Por primeira vez en moitos anos, as estudantes logramos sacar adiante unha mobilización en chave de máxima amplitude e unidade. Independentemente do que pase o 26 podemos falar xa de que acadamos unha pequena vitoria. Porén hai moitas preguntas que rondan a nosa cabeza sen parar: Como fomos quen de chegar ata aquí? Existen as condicións para prolongar esta unidade no tempo? De existiren, que ferramentas temos á nosa disposición para acadar este gran obxectivo?

[Galiza] A loita polos postos de traballo: Alcoa e o desmantelamento da industria

“Alcoa é unha sociedade de inversión, non traballa no aluminio por amor ao aluminio”; a poucos minutos de comezar a súa mobilización mensual dende que a finais do ano pasado a empresa ameazase con pechar a planta da Coruña, Luis, traballador de Alcoa, resume nestas palabras o que o comunista norteamericano Victor Perlo escribira nos anos 50 sobre a familia dona de Aluminium of America Co., Alcoa: “os Mellon nunca foron enxeñeiros, nin químicos, nin inventores, nin sequera construtores. Eran homes de negocios”.

[Galiza] Absolución dos imputados por defender a educación pública

Durante a mañá de hoxe celebrouse nos xulgados de Ourense un xuízo a sete estudantes da cidade por participar en mobilizacións estudantís o 11 de outubro de 2012. A violencia represiva vivida ese día foi o cumio dunha xeira de violencia policial dirixida a amedrentar un movemento estudantil en auxe, no marco das loitas contra a LOMCE e a precarización do ensino. Na comarca ourensá a toma de conciencia polo estudantado supuxo o fortalecemento dos aparatos de represión do Estado. De novo, os recortes en dereitos tiveron que vir acompañados da violencia contra resistencia dos e das fillas a clase obreira e as capas populares.

[Galiza] O Partido Comunista de Galicia e a Xuventude Comunista loitamos polo galego

Os datos que o Instituto Galego de Estatística nos ofrece non son esperanzadores: a lingua do pobo galego está sufrindo un continuo retroceso, vítima dunha política lingüística que só persegue a súa ritualización nos contextos oficiais mentres que non só esquece senón que promove a súa progresiva desaparición dos usos privados desinvestindo na súa normalización e reducindo a súa presenza nos centros escolares.