[Galiza] O PCG e XC de Ponteareas manteñen o apoio a mobilización de Ponte Solidario

O pasado martes no pleno municipal de Ponteareas, a asociación Ponte Solidario presentou o Informe de Mínimos, documento co que levan traballando os últimos meses e arroupado por 26 colectivos e 2189 sinaturas. Tras a lamentable actuación do alcalde, apoiado polo grupo ACIP, ao abandonar o salón de pleno cando se debatía a proposta conxunta da aprobación do Informe de Mínimos e a creación dunha Mesa Social aberta, desde o PCG e a XC queremos amosar o noso apoio á asociación Ponte Solidario e facer un chamamento ao conxunto da veciñanza de Ponteareas a acudir á asemblea aberta que convocan o próximo 27 de marzo.

[Galiza] Os e as traballadoras de Foelca levan dez meses sen cobrar

Nestes últimos días vimos de coñecer un novo caso de abusos contra a clase traballadora por parte da patronal. Desta vez é a empresa boirense Foelca, adicada á instalación e reparacións de fontanería, electricidade e calefacción, a responsable.

[Galiza] Aquagest, Compostela e a corrupción do capitalismo

Na Galiza un dos moitos exemplos dun interese privado por riba dos intereses da maioría materialízase claramente co nome de Aquagest, actual Viaqua. Esta empresa, como xa se denunciou ó longo de todo o país, buscou e segue a buscar exclusivamente o lucro económico, en conivencia cunha administración podre. Casos como o de Punxín1 hai pouco máis dun ano, ou mesmo o caso “Pokemon” no que Aquagest ten un peso importante como empresa corruptora, son mostra da incapacidade do capital privado para servir ós intereses de todos e todas nós.

[Galiza] A importancia da unidade de acción: leccións da loita en Alcoa

Fai dúas semanas subíamos á nosa páxina un artigo sobre a situación da loita dos e das traballadoras da planta coruñesa de Alcoa. Hoxe completamos esta información coa entrevista que lle fixemos a Luis, traballador da fábrica de aluminio, que nos ofrece o seu punto de vista sobre as mobilizacións contra o desmantelamento da planta e a importancia da unidade de toda a plantilla, así coma dos sindicatos que os representan.