[Galiza] Non á terciarización do Medio Rural

I Resolución da Xuventude Comunista na Conferencia Galega de Medio Rural

Durante as últimas décadas, e paralelamente ao desmantelamento dos sectores produtivos, asistimos a un proceso de terciarización polo que o noso medio rural estase a transformar, abandoando o sector primario, dándolle máis peso ao turismo.

[Galiza] Crecemos, traballamos e loitamos na nosa lingua!

As avoas do século XX, as fillas do traballo duro, na casa, na cidade, no campo e no mar acostumaban a criar aos seus fillos e fillas na lingua na que elas mesmas foran criadas: o galego. Esa foi a lingua coa que durante tantas xeracións desenvolvimos perfectamente toda a nosa vida.

A lingua vehicular dos e das galegas traballadoras estivo sempre ligada á nosa clase. Pois non era a burguesía galega, os ricos, quen habitaba pazos e mosteiros -mentres vivían do esforzo dos demais- quen falaban galego. Eles falaban o castelán para separarse de aqueles aos que explotaban, obrigándonos a ter que abandonar o galego para dirixirnos ao poder político e económico.

A destrución dos servizos públicos tamén pasa por Correos

Entrevista a unha traballadora de Correos en Lugo durante o proceso de folgas na empresa pública
Dende hai xa tempo os e as traballadoras de Correos loitan na defensa dos seus dereitos laboral e dun servizo público de calidade. A mercantilización deste servizo produce unha perda da calidade do mesmo, asociada a unha redución dos dereitos dos e das traballadoras. Fronte a isto defenden o reforzamento dos cadros de persoal. Con este obxectivo, continúan con mobilizacións e paros, solicitando o apoio dos e das usuarias para reclamar un servizo de calidade que se lles está a negar. De novo, os servizos recibidos pola poboación vense afectados por políticas antiobreiras, amosando ás claras a necesidade dunha lectura de clase dos recortes en prestacións e servizos públicos e da cohesión da clase obreira e as capas populares na loita polo salario, sexa este directo ou indirecto. Ademais, insisten en fuxir da lóxica electoralista: a loita da clase obreira contra a burguesía mantense os 365 días do ano, e é preciso manter o pulso.

[Galiza] Comunicado ante la sentencia contra 7 estudiantes.

O pasado venres coñecimos a sentencia para os 7 estudantes xulgados polos altercados acontecidos nunha das múltiples manifestacións estudantís que tiveron lugar no ano 2012, no proceso de mobilizacións contra a privatización da Universidade, e que tan desmesurado seguimento policial tiveron na cidade de Ourense.