[Galiza] Crónica da loita do sector lácteo pola súa supervivencia

Durante as últimas semanas tiveron lugar unhas longas xornadas de mobilización no sector lácteo en Galiza. A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo convocou manifestacións en numerosas comarcas, sendo de especial importancia as que se produciron en Lugo e Compostela. Na primeira, o xoves 3 de setembro, un grande número de gandeiras, así como os sindicatos labregos, tomaron a cidade para esixir un prezo digno e a recollida inmediata do leite, que a industria, incumprindo os contratos, decidiu non recoller.

[Galiza] Tractores á rúa!

Dende o pasado xoves, e tras un verán de mobilizacións no sector lácteo, centos de tractores, chegados dende distintas comarcas, manteñen unha forte acción na cidade de Lugo coa fin de obrigar ás institucións e á industria a fixar uns prezos dignos para o leite e a garantir o sostemento do sector en Galiza. Ademais da realización de asembleas para decidir o futuro da mobilización, promoven unha recollida de sinaturas para esixir a fixación dun prezo mínimo para o leite, a recollida deste por parte da industria e a declaración de nulidade dos contratos abusivos.

[Galiza] Condicións de traballo dignas para o sector lácteo

Durante as últimas xornadas, os e as gandeiras e labregas francesas están levando a cabo numerosas accións en protesta contra a importación masiva de leite provinte do Estado español, coa fin de concienciar da necesidade de consumir a producida na propia Francia. Entre estas accións, os sindicatos do sector lácteo vixían a chegada de camións que importan o leite, así como outros produtos de alimentación, dende o estranxeiro, para tiralos.

[Galiza] Un morto e dous feridos na central térmica de As Pontes

No dia de hoxe na central térmica de As Pontes, titularidade de Endesea, produciuse un accidente que provocou o falecemento dun operario e no que tamén houbo outros dous operarios feridos. Ocorreu de madrugada, cando os tres traballadores se dirixían a tratar de solucionar un incidente na turbina da central térmica. Unha manivela dunha das máquinas saíu disparada alcanzando aos tres operarios. Aínda se está á espera de que se resolvan as investigacións abertas para esclarecer este feito.