[Galiza] Comunicado en apoio ás novas mobilizacións do sector lácteo

A inutilidade das medias aprobadas trala folga do sector leiteiro do pasado setembro obriga ás gandeiras a volver ás rúas. As empresas do sector seguen a paga-lo litro de leite por debaixo do seu custo de produción. Un ataque, o do prezo, levado a dúas bandas, dende a industria transformadora e a distribuidora, presión que responde aos intereses do capital, e que non satisfán as necesidades da cidadanía nin en canto a soberanía nin en calidade e seguridade alimentaria. Nin sequera o pacto imposto pola patronal para pór fin ao conflito está tendo cumprimento, e é que baixo as súas premisas a situación das gandeiras nunca terá fin.

[Galiza] Ante o despedimento de 28 traballadores e traballadoras de Dalphimetal-TRW

O pasado mércores 13 de novembro, a empresa Dalphimetal­TRW procedeu ao despedimento de 28 traballadores e traballadoras do centro de traballo do polígono de Caramuxo de Vigo. Estes despedimentos prodúcense trala anulación dun ERE declarado ilegal hai un ano e constitúen unha manobra da patronal coa única finalidade de profundizar dentro da súa estratexia de deslocalización da produción.

[Galiza] Meixoeiro e Álvaro Cunqueiro aproban en xunta de personal ir á folga

Os traballadores e traballadoras do Hospital Álvaro Cunqueiro convocan unha folga de 24 horas, previsiblemente, o vindeiro 13 de outubro, coa que continuar a esixir unha sanidade 100% pública.

[Galiza] Ante o suicidio do compañeiro desafiuzado o pasado ano en Aríns

A guerra económica que o capitalismo senil desenvolve contra a clase traballadora e as capas populares cóbrase tristemente unha nova víctima. Desta volta trátase do compañeiro Carlos, quen fora inxustamente desafiuzado o pasado ano da súa vivenda de Aríns. Unha vez máis o Réxime e o sistema capitalista que o sustenta demostran non só a súa profunda contradición cos intereses da clase traballadora senón incluso coa vida e a dignidade humanas.