[Galiza] A Xuventude Comunista co rap e a cultura na mocidade

0130OPEDtodd-popup1

O pasado sábado 26 un grupo de rapazas e rapaces da cidade de Ourense puidemos asistir nas Lagoas a unha serie de batallas de galos organizadas pola propia mocidade da cidade. Dende a Xuventude Comunista entendemos este tipo de iniciativas tamén coma expresións de loita. Facémolo xa que, malia non teren un carácter abertamente político e reivindicativo, este tipo de eventos demostran a capacidade da mocidade galega para conquistarmos o dereito á cultura que tanto se nos nega.

Por que loita o sector lácteo galego: o pulso de miles de familias ás empresas multinacionais e ás políticas neoliberais

img-20150903-wa0003

O pasado mes de setembro, Lugo e Santiago, e previamente outras vilas galegas, paralizáronse ante as xigantescas tratoradas que protagonizaron miles de produtores e produtoras en loita, no que foi un verán moi movido para o sector tras o fin das cotas lácteas. O seu obxectivo: non máis axudas, senon prezos dignos e compromiso político para asegurar a supervivencia do sector.

[Galiza] Comunicado en apoio ás novas mobilizacións do sector lácteo

2015-09-07 16.10.46

A inutilidade das medias aprobadas trala folga do sector leiteiro do pasado setembro obriga ás gandeiras a volver ás rúas. As empresas do sector seguen a paga-lo litro de leite por debaixo do seu custo de produción. Un ataque, o do prezo, levado a dúas bandas, dende a industria transformadora e a distribuidora, presión que responde aos intereses do capital, e que non satisfán as necesidades da cidadanía nin en canto a soberanía nin en calidade e seguridade alimentaria. Nin sequera o pacto imposto pola patronal para pór fin ao conflito está tendo cumprimento, e é que baixo as súas premisas a situación das gandeiras nunca terá fin.

[Galiza] Ante o despedimento de 28 traballadores e traballadoras de Dalphimetal-TRW

logo_ujce xii congreso blanco

O pasado mércores 13 de novembro, a empresa Dalphimetal­TRW procedeu ao despedimento de 28 traballadores e traballadoras do centro de traballo do polígono de Caramuxo de Vigo. Estes despedimentos prodúcense trala anulación dun ERE declarado ilegal hai un ano e constitúen unha manobra da patronal coa única finalidade de profundizar dentro da súa estratexia de deslocalización da produción.